O goberno compostelán repasa dous anos de mandato

Este luns tiven a oportunidade de asistir como xornalista ao café informativo que o Concello de Santiago organizou no Pazo de Raxoi, con motivo do segundo aniversario do actual mandato, conformado por BNG e Compostela Aberta. A cita reuniu diversos medios de comunicación locais nun formato máis distendido que o habitual, no que a alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a primeira tenente de alcaldesa, María Rozas, fixeron balance político dos dous primeiros anos e detallaron as liñas de traballo que marcarán a segunda parte da lexislatura.

O encontro desenvolveuse na terraza do Pazo de Raxoi, en plenas obras de rehabilitación, coa presenza de todo o executivo municipal. As intervencións combinaron o repaso de medidas xa implantadas —como a creación da taxa turística, a moratoria de novos negocios turísticos ou a rebaixa no número de pisos turísticos— con anuncios de futuro como o proxecto FAI Horizonte Compostela ou a modificación do Plan Especial de Usos para limitar a proliferación de tendas de souvenirs no centro histórico.

Pódese ler a miña crónica completa en Xornal de Compostela

Scroll ao inicio