Quen son?

Ola!

Chámome David M. Sobrino Platas e son xornalista formado na Universidade de Santiago de Compostela, onde cursei o Grao en Xornalismo e un Máster en Comunicación Multimedia. Levo varios anos traballando na intersección entre a prensa dixital, o podcasting e a comunicación cultural, con especial interese por proxectos que poñan en valor a lingua galega, o patrimonio e a actualidade social.

Actualmente traballo en diversos proxectos, elaborando información contidos de actualidade. Encárgome tanto da redacción de novas e reportaxes propias como da edición de portada e a difusión de contidos en redes sociais. Paralelamente, desenvolvo traballo como xornalista, produtor de podcasts e responsable de comunicación para distintas entidades e proxectos culturais, como o Xornal de Compostela —do que son coordinador—, iniciativas como Neofalantes e Historia de Galicia, ou a comunicación institucional do Ateneo de Santiago, no que tamén son responsable do seu proxecto Radio Ateneo Podcast.

Domino ferramentas como Audacity, Premiere, Photoshop, InDesign, WordPress, Tableau ou Blender, e teño coñecementos de HTML, CSS e Python a nivel básico. Traballo con fluidez tanto en Windows como en Linux, e podo desenvolver contidos en galego, español, inglés, francés e portugués. Ademais, formo parte do Grupo de Periodistas Novos da Federación Internacional de Periodistas (IFJ Global Group of Young Media Workers), onde son delegado europeo.

Entendo o xornalismo como un espazo de responsabilidade, memoria e innovación, no que a comunicación debe poñerse ao servizo da cidadanía. Quero seguir creando contidos que informen, emocionen e conecten.

Scroll ao inicio