Inauguración da exposición ‘Quino na música’ na Coruña

Este luns 16 de xuño estiven na Coruña cubrindo a inauguración da exposición Quino na música, organizada por Viñetas desde o Atlántico, festival do que levo a comunicación. A mostra, que pode visitarse no Palexco ata setembro, é a primeira exposición peninsular centrada na relación do autor de Mafalda co universo musical.

Durante o acto, fixen fotografías, vídeos e unha entrevista a Guillermo Lavado, comisario da exposición e sobriño de Quino, que compartiu emocionantes reflexións sobre o vínculo entre a música e a obra do seu tío. Esta peza audiovisual formará parte da difusión da exposición nas redes do festival.

Scroll ao inicio