Con motivo do Día do Orgullo e da presentación do seu novo poemario Mapa da estría en Santiago de Compostela, entrevistei para Xornal de Compostela a Andrea Nunes Brións, escritora, docente e activista transfeminista. A conversa aborda cuestións como a loita polos dereitos LGBTI en Galicia, o papel das institucións, a importancia da interseccionalidade ou o sentido político da memoria e da poesía.
A entrevista, publicada coincidindo co 28 de xuño, pode lerse íntegra en Xornal de Compostela e forma parte da cobertura especial desta data simbólica para a diversidade.