Nova colaboración coa USC: formación en podcast para estudantes de Ciencias Políticas

A partir deste curso, comezo a impartir formación no proxecto de voluntariado de podcast da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo desta colaboración é achegar ao alumnado ao mundo do podcast, dende a concepción dun programa ata a súa produción, gravación, edición e publicación. Ao mesmo tempo, […]

Edukathon en Atenas: deseñando IA ética e segura para o xornalismo

Durante tres días participei no TADAM Media Edukathon, un encontro internacional onde profesionais da educación mediática, do dereito, do xornalismo e dos medios nos xuntamos para co-crear actividades e recursos prácticos sobre IA e futuro da información. Fixen equipo con Camille Tilleul (Bélxica, Le Club de la Presse du Hainaut-Mons), Liliana Barbuta (Romanía, National Audiovisual […]

Comunicación no festival Viñetas desde o Atlántico 2025

Do 11 ao 17 de agosto formei parte da comunicación do Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico, que encheu A Coruña de charlas, exposicións, obradoiros e encontros arredor do mundo da ilustración e da BD. Durante esa semana encargueime de diferentes tarefas de comunicación: fotografías, gravación de vídeo, elaboración de notas de […]

Rolda de prensa de presentación do Festival Viñetas desde o Atlántico 2025

Este venres tiven o pracer de cubrir a rolda de prensa de presentación do Festival Viñetas desde o Atlántico 2025 como responsable de comunicación do evento. Acompañamos aos representantes institucionais e ao director do festival, Manel Cráneo, na difusión dunha das edicións máis ambiciosas dos últimos anos, cunha aposta clara pola modernización, a internacionalización e […]

Análise sobre a taxa turística de Santiago

Hoxe publico unha análise en Xornal de Compostela sobre a taxa turística de Santiago, falando co goberno local e co sector hoteleiro, e facendo unha análise comparativa das taxas turísticas doutras cidades europeas. Toda a información en: https://xornaldecompostela.gal/economia/20412-unha-taxa-sen-acordo-dubidas-presas-e-falta-de-dialogo-no-modelo-turistico-de-santiago/

Entrevista á escritora e activista Andrea Nunes

Con motivo do Día do Orgullo e da presentación do seu novo poemario Mapa da estría en Santiago de Compostela, entrevistei para Xornal de Compostela a Andrea Nunes Brións, escritora, docente e activista transfeminista. A conversa aborda cuestións como a loita polos dereitos LGBTI en Galicia, o papel das institucións, a importancia da interseccionalidade ou […]

Inauguración da Estación Intermodal de Santiago Daniel Castelao

Este mércores tiven a oportunidade de asistir como xornalista á inauguración oficial da nova estación intermodal de Santiago, unha infraestrutura chamada a marcar un antes e un despois na mobilidade da cidade. O novo edificio de viaxeiros, que leva o nome de Daniel Castelao, abre as súas portas cunha aposta clara pola intermodalidade e pola […]

Inauguración da exposición ‘Quino na música’ na Coruña

Este luns 16 de xuño estiven na Coruña cubrindo a inauguración da exposición Quino na música, organizada por Viñetas desde o Atlántico, festival do que levo a comunicación. A mostra, que pode visitarse no Palexco ata setembro, é a primeira exposición peninsular centrada na relación do autor de Mafalda co universo musical. Durante o acto, […]

O goberno compostelán repasa dous anos de mandato

Este luns tiven a oportunidade de asistir como xornalista ao café informativo que o Concello de Santiago organizou no Pazo de Raxoi, con motivo do segundo aniversario do actual mandato, conformado por BNG e Compostela Aberta. A cita reuniu diversos medios de comunicación locais nun formato máis distendido que o habitual, no que a alcaldesa, […]